Julia Portela Piñón

A mezzosoprano Julia Portela Piñón ofrece concertos como solista en España e o Reino Unido dende 2010. As súas actuacións máis recentes foron co director Robert Hodge no West Road Concert Hall de Cambridge, onde cantou os Sea Pictures do compositor británico Edward Elgar coa City of Cambridge Symphony Orchestra, e a Pasión de Cristo segundo San Xoán de Bach co director Jonathan Willcocks para o Leith Hill Musical Festival en Dorking Halls.

Natural de Lugo, Julia múdase a Londres ós dezaséis anos para continuar os seus estudos musicais na Guildhall School of Music and Drama e máis tarde na Royal Academy of Music, onde realizou o Grado Superior (Bachelor of Music in Performance). Tras estudar con Diana Somkhieva no Conservatorio Profesional Xoán Montes de Lugo e con Juan e Carmen Durán en A Coruña, continuou con Kathleen Livingstone e Iain Ledingham no seu novo camiño na capital británica.

Julia tivo a oportunidade de traballar con grandes músicos como Alberto Zedda, quen ofreceu unha masterclass en A Coruña en 2016; con Semyon Bychkov, quen dirixiu a Royal Academy Symphony Orchestra and Chorus nun concerto da Segunda Sinfonía de Mahler no Royal Festival Hall de Londres; e con Esa-Pekka Salonen, habitual director da Philharmonia Orchestra, con quen fixo un pequeno tour como parte do coro comezando na Basílica de San Denís de París e máis tarde no Royal Festival Hall onde interpretaron os Gurrelieder de Schoenberg.

Nos últimos anos, Julia interpretou como solista a Missa Cellensis de Haydn na St Michael and All Angels Church de Londres; as Cantatas Nº 24, 44 e 134 de Bach no Duke’s Hall de la Royal Academy of Music; o Requiem de Mozart, Magnificat de Pergolesi e Stabat Mater de Caldara na St Thomas’ Church de Lymington; El sombrero de tres picos de Manuel de Falla no West Road Concert Hall; e o Requiem de Bruckner na St Paul's Church de Covent Garden.

En 2017, Julia actuou na súa primeira ópera como parte do coro nunha produción de Orphée aux enfers de Offenbach organizada pola Royal Academy Opera no Hackney Empire de Londres. O mesmo ano, Julia obtivo o terceiro premio no Marjorie Thomas Award e uniuse ó prestixioso programa de cantantes Josephine Baker Trust. Julia é tamén membro do Philharmonia Chorus e do novo proxecto da Academy “Bach the European”.

Actualmente Julia realiza un máster de canto continuando na Royal Academy of Music baixo a tutela de dous recoñecidas mezzosopranos: Caitlin Hulcup e Yvonne Howard.

Julia Portela Piñón
Julia Portela Piñón
Julia Portela Piñón
Julia Portela Piñón
Julia Portela Piñón
Julia Portela Piñón
Julia Portela Piñón
Julia Portela Piñón
Julia Portela Piñón
Julia Portela Piñón
Julia Portela Piñón
Julia Portela Piñón
Julia Portela Piñón
Julia Portela Piñón
Sobre min

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar